Tuesday 30 de April de 2024

O Concello de Boqueixón convoca unha reunión para informar á veciñanza sobre as axudas da Xunta á vivenda para 2024


Terá lugar este mércores 18 de outubro ás 20:00 horas

O Concello de Boqueixón convoca unha reunión aberta a todos os veciños e veciñas interesados nas axudas á vivenda que a Xunta de Galicia convocará no 2024: corrección de impactos paisaxísticos e mellora da eficiencia enerxética. A reunión terá lugar este mércores 18 de outubro, ás 20:00 horas, no salón de Plenos da Casa do Concello. A participación é totalmente de balde, sendo necesario anotarse no mail emprego@boqueixon.com ou chamando ao 981 513 061 (Departamento de Emprego).

A Xunta de Galicia vai convocar axudas para emendar impactos paisaxísticos dirixidas a particulares e comunidades que permiten aforrarse o 70% do total do proxecto, ata un máximo de 3.000 euros. Trátase dunha nova axuda para pequenas obras nas fachadas (revestir fachadas de ladrillo ou do bloque, pintar fachadas en mal estado ou cores impactantes…), en cubertas (acabados en tella e lousa), en muros de peche (revestir muros de bloques con pedra do país, substituír celosía ou balaústres prefabricados por rede metálica ou sebe vexetal, rebaixar a altura de muros de máis de 1,5 metros…).

No caso do Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas, permite subvencionar ata o 40% da actuación, cun límite de 3.000 euros por vivenda. Está aberta a persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas. As actuacións deberán permitir reducir nun 7% a demanda enerxética anual de calefacción e refrixeración da vivenda. As axudas atenderanse por rigorosa orde de presentación ata fin dos cartos.